Usted está en: OBRA LITERARIA COMPLETA.

 

OBRA LITERARIA COMPLETA.

 

OBRA LITERARIA COMPLETA. BOUZA BREY, Fermín.

10,00 €

 

Regalar este libro

24x17. 208 pp.+4 hh. Rústica ilustrada. Edicións do Cerne. La Coruña, 1980.

 

Seitura aparez en Portugal no ano 1955 (na edición non figura a data) con ortografía portuguesa –que nós respetamos na presente edición- e, ao igual que Nao Senlleira está integrada, parcialmente, por poemas que xa apareceran en moi diversas publicacions. Algunhas destas composicións que ofrecen variantes respecto á edición portuguesa, reproducense aquí no apartado Outros Poemas e nelas ponse de manifiesto –máis rotundamente nos facsímiles reproducidos- que o autor as escribiu con ortografía fgalega e que, polo tanto, o pretendido lusismo de Seitura é, en boa medida, puramente circunstancial. A obra literaria de Bouza Brey, aínda que limitadamente coñecida é, non embragantes, unha das máis importantes da literatura galega do século XX. Dela e do autor di atinadamente o Profesor Carballo Calero: “Bouza Brey foi un escrupuloso artífice do verso, caxeque un parnasiano. Hai na súa poesía abundantes exclamacións, dozura saudosa e mesmo énfase patriótico (…) El foi o primeiro que beneficiou ampliamente os recursos estilísticos da cantiga de amigo: paralelismo, leixaprén e refrán. Neste orde de cousas son antológicas composicións como “Lelías ao teu ouvido” (…) No campo da narrativa Bouza deixou unha pequena novela, Cabalgadas en Salnés publicada por Lar na Coruña no ano 1925. e unha narración na que se poden rastrear resonancias valleinclanescas e nela a aventura, seméllanos o pretexto para salientar a súa calidade estilística e a riqueza léxica.

Atención al cliente:
982 166628 - 684636505

 

 

Ver más noticias

© 2010 Lamardelibros.com Todos los derechos reservados

Política de privacidad

Barrio Río 2 - Piñeira · 27710 Ribadeo. Lugo · Tfno: 684636505 - 982166628 · info@lamardelibros.com