Usted está en: OS CELTAS. UNHA (RE)VISIÓN DENDE GALICIA.
OS CELTAS. UNHA (RE)VISIÓN DENDE GALICIA.
CALO LOURIDO, Francisco. |
20,00 €
|
|
Regalar este libro | ||
Enc. en tapa blanda de la editorial con solapas. 382 pp. Láminas con fotografías en color a toda página. Edicions Xerais de Galicia. Vigo, 2010.
Os celtas, despois de moitos anos nos que se fixo investigación arqueolóxica sen precisar deles, rexurdiron, en Europa e en toda a Península Ibérica, como tema de investigación e, sobre todo, de polémica, na década dos oitenta. A comunidade científica, sensu lato, sufriu, en Galicia, unha división negativa entre celtófilos e celtófobos, como se de equipos de fútbol se tratase. Proliferaron, aquí, publicacións sobre o celtismo, nas que todo era, e aínda é, celta, ou nas que a verba celta pouco máis ocupaba que unha parte do título. Neste libro, o autor fixo un achegamento á cuestión, fuxindo dos tópicos e das repeticións miméticas do que se escribiu sobre o celtismo europeo. Galicia ten unha personalidade propia e diferenciada desde a Prehistoria, polo que o estudo do seu devir histórico precisa dun tratamento específico. Partindo da premisa de que o celta é, primo et per se, unha cuestión de lingua, faise un percorrido polo campo do indoeuropeo, polo Hallstatt e La Tène, tratados como culturas arqueolóxicas, así como polas actuais teorías científicas peninsulares, para rematar entrando en Galicia. Repásase, aquí, a historiografía de precursores e románticos sobre celtas e analízanse as fontes clásicas que fan referencia á Terra. Dedícase un denso capítulo á fulcral cuestión lingüística e outro á sociedade e a relixión no resto de España e en Galicia, sempre procurando as posibles semellanzas e diferenzas. Faise tamén unha incursión na materia de Bretaña, polo achegamento céltico medieval que puido significar e compárase a arte peninsular dos pobos ibéricos, da Meseta e galaicos, para rematar cun achegamento aos aspectos etnográficos que, de xeito superficial e mistificador, figuran nas publicacións sobre celtas. Ilustra o libro un completo aparato gráfico, elaborado ad hoc polo autor, así como unha bibliografía ampla, actualizada e en versión orixinal dos diferentes países europeos nos que se investiga a presenza ou ausencia de celtas. |
Lotería de Navidad: El Gordo en la literatura.
Desde Valle-Inclán a Borges, pasando por Julio Verne o Emilia Pardo Bazán, la lotería ha sido objeto de diferentes narraciones, muchas de ellas de nefasto final.04/02/2019
Muere el escritor Juan Goytisolo a los 86 años en Marrakech.
El narrador barcelonés obtuvo en 2014 el Premio Cervantes Fue autor de novelas como "Señas de identidad", "Juan sin tierra" o "Makbara".04/06/2017
El erotismo secreto de la URSS.
La Biblioteca Lenin desvela una colección de literatura erótica que incluye grabados zoofílicos.10/07/2014
José García Nieto y el misterio de la poesía en seis inéditos.
En el centenario del nacimiento del poeta y premio Cervantes, se publica una antología de su obra con prosas poéticas (el enigma de la literatura) y una carta dirigida a su nieta sobre la esperanza.08/07/2014
Libros inexistentes, por Enrique Vila-Matas (EL PAÍS Cultura. 01-07-2014).
En un solo volumen "La Bibliothèque" te da tan apabullante información sobre diversas obras falsas.01/07/2014
© 2010 Lamardelibros.com Todos los derechos reservados
Avda. Valentín Masip, 24 - Entresuelo. Oficina B · 33013 Oviedo. Asturias · Tfno: 684636505 - 633601889 · info@lamardelibros.com