a cualquier parte de España pagando por Paypal, Bizum o Tarjeta de crédito para compras iguales o superiores a 49,95 euros.

Usted está en: PU/17-Tomás Moro. Utopía

 

PU/17-Tomás Moro. Utopía

 

PU/17-Tomás Moro. Utopía Moro, Tomás

25,00 €

 

Regalar este libro

208 pp.- 24,0x17,0.- Se ben é certo que o concepto de utopía atravesa toda a historia do pensamento universal, o humanista, mártir e santo, Tomás Moro, influído en boa medida pola República de Platón, deulle un selo inequívoco e, dende entón, indeleble. O acerto da súa Utopía (De optimo republicae statu de que nova insula Utopia, 1516), a grandeza da súa invención, é o humor, que, preservando o equilibrio entre realismo e suxestión, permítelle manter viva a tensión utópica. Fronte aos intentos posteriores, inmediatos e máis coñecidos —o Pantagruel (1532) de François Rabelais, demasiado cómico; a Cidade do Sol (1623) de Tommaso Campanella, demasiado relixiosa e a Nova Atlantis (1627) de Francis Bacon, demasiado científica—, o equilibrio e ponderación de Moro lograron que, dalgún xeito, a súa Utopía se convertese na divisoria de augas que diferencia as utopías en antigas e modernas. A partir de Moro, o tema da utopía fíxose explícito e quedou entregado ao proceso vivo da historia. Mesmo co paso do tempo, na Utopía seguen a resoar en todos nós as ilusións dos grandes soños diúrnos que nos habitan, onde o diñeiro non manda e todos somos iguais, onde os vellos e os enfermos están atendidos, onde as guerras apenas existen, onde nos podemos rir dos vestidos, alfaias e ouropeis dos nobres e dos clérigos, onde o traballo non afoga e as familias son ordenadas e harmónicas, onde os gobernantes serven e non explotan... Xusto, a utopía agochada no máis fondo de todos nós, raíz das críticas máis xustas e das ilusións inacabables..- 2011.

 

9788498877083 - Se ben é certo que o concepto de utopía atravesa toda a historia do pensamento universal, o humanista, mártir e santo, Tomás Moro, influído en boa medida pola República de Platón, deulle un selo inequívoco e, dende entón, indeleble. O acerto da súa Utopía (De optimo republicae statu de que nova insula Utopia, 1516), a grandeza da súa invención, é o humor, que, preservando o equilibrio entre realismo e suxestión, permítelle manter viva a tensión utópica. Fronte aos intentos posteriores, inmediatos e máis coñecidos —o Pantagruel (1532) de François Rabelais, demasiado cómico; a Cidade do Sol (1623) de Tommaso Campanella, demasiado relixiosa e a Nova Atlantis (1627) de Francis Bacon, demasiado científica—, o equilibrio e ponderación de Moro lograron que, dalgún xeito, a súa Utopía se convertese na divisoria de augas que diferencia as utopías en antigas e modernas. A partir de Moro, o tema da utopía fíxose explícito e quedou entregado ao proceso vivo da historia. Mesmo co paso do tempo, na Utopía seguen a resoar en todos nós as ilusións dos grandes soños diúrnos que nos habitan, onde o diñeiro non manda e todos somos iguais, onde os vellos e os enfermos están atendidos, onde as guerras apenas existen, onde nos podemos rir dos vestidos, alfaias e ouropeis dos nobres e dos clérigos, onde o traballo non afoga e as familias son ordenadas e harmónicas, onde os gobernantes serven e non explotan... Xusto, a utopía agochada no máis fondo de todos nós, raíz das críticas máis xustas e das ilusións inacabables.

Atención al cliente:
684636505

 

 

Ver más noticias

© 2010 Lamardelibros.com Todos los derechos reservados

Política de privacidad

Avda. Valentín Masip, 24 - Entresuelo. Oficina B · 33013 Oviedo. Asturias · Tfno: 684636505 - 633601889 · info@lamardelibros.com