a cualquier parte de España pagando por Paypal, Bizum o Tarjeta de crédito para compras iguales o superiores a 49,95 euros.

Usted está en: PU/18-H.Marcuse.O Home unidimensional

 

PU/18-H.Marcuse.O Home unidimensional

 

PU/18-H.Marcuse.O Home unidimensional

30,00 €

 

Regalar este libro

334 pp.- 24,0x16,0.- 1a. edición.- 2012.

 

9788498878516 - Pensar hoxe en Marcuse leva a evocar decontado as revoltas estudantís dos anos sesenta, en Berlín, Berkeley, París, as loitas contra a guerra do Vietnam, o movemento polos dereitos civís, as proclamas pacifistas ou a denominada New Left. As obras do pensador alemán foron acollidas con entusiasmo por moitos dos animadores desa diversidade de movementos, en especial dúas: Eros and Civilization (1955) e a obra que aquí ofrecemos vertida ao galego, One-Dimensional Man (1964). Malia o seu pesimista diagnóstico, O home unidimensional urxía a necesidade dun cambio radical, que nin moito menos podería reducirse a instancias económicas. Herbert Marcuse, alemán inmigrado e profesor na Universidade de San Diego (California), saltou de pronto aos medios. As súas conferencias nos Estados Unidos de América e en Alemaña e os seus escritos e intervencións en relación coa protesta multiplicáronse. Non obstante, en ningún momento o autor se amosou compracente e se deixou arrastrar pola corrente. Ben en troques, marcou as súas discrepancias a respecto de moitos aspectos dos movementos de contestación social, como a inmediatez ou a falta de profundidade teórica. De aí a súa apelación á importancia da teoría como arma crítica. A obra de Marcuse, en efecto, ocupa un lugar destacado no seo da Teoría Crítica, brillante herdeira da mellor tradición da cultura occidental.

Atención al cliente:
684636505

 

 

Ver más noticias

© 2010 Lamardelibros.com Todos los derechos reservados

Política de privacidad

Avda. Valentín Masip, 24 - Entresuelo. Oficina B · 33013 Oviedo. Asturias · Tfno: 684636505 - 633601889 · info@lamardelibros.com