a cualquier parte de España pagando por Paypal o Tarjeta de crédito para compras iguales o superiores a 49,95 euros.

Usted está en: POLÍTICA

 

POLÍTICA

 

POLÍTICA [Edición en gallego de la Política de Aristóteles] ARISTÓTELES.

15,00 €

 

Regalar este libro

321 pp. 24x16. Enc. seda con sobrestampación e sobrecuberta en papel vexetal a dúas tintas. Tradución ó galego de Juan José Moralejo Álvarez. Prólogo de Pedro López Barja de Quiroga. Clásicos do Pensamento Universal, Núm. 3. Universidad de Santiago de Compostela, 2003.

 

Aristóteles (Estágiro, 384 a.C.-Calcis 322 a.C.) é un dos alicerces da tradición cultural europea nos seus máis variados eidos. Os oito libros da Política non teñen toda a coherencia de conxunto desexable, como obra esotérica que son, nin xustifican a gabanza que Cicerón fixo da prosa aristotélica como aureum flumen, pero, aínda así, son unha das obras clásicas con máis pegada na tradición cultural que Europa ten e proxecta ós demais continentes. Na Política está o concepto do home como zôon polítikón, animal político ou social, capaz de ser e dar unha politeía ou constitución na que o poder, sempre repartido, sexa da colectividade e non de clases, individuos ou grupos.Non hai en Aristóteles máis que sentido común, realismo, e experiencia intelectual eticamente optimista verbo do individuo en comunidade libre e soberana para decidir do seu presente e do seu futuro. A Política fai renuncia crítica das utopías e dos antollos intelectuais e éticos do seu mestre, Platón, sempre na base das constitucións ou réximes “ideais”, que adoitan ser pesimismos antidemocráticos, totalitarios, inhumanos. En lectura ben peneirada, a Política aínda é, e sempre será, un clásico.

Atención al cliente:
684636505

 

 

Ver más noticias

© 2010 Lamardelibros.com Todos los derechos reservados

Política de privacidad

Barrio Río 2 - Piñeira · 27710 Ribadeo. Lugo · Tfno: 684636505 · info@lamardelibros.com