a cualquier parte de España pagando por Paypal o Tarjeta de crédito para compras iguales o superiores a 49,95 euros.

Usted está en: DICIONARIO GALAXIA DE USOS E DIFICULTADES DA LINGUA GALEGA.

 

DICIONARIO GALAXIA DE USOS E DIFICULTADES DA LINGUA GALEGA.

 

DICIONARIO GALAXIA DE USOS E DIFICULTADES DA LINGUA GALEGA. FERNÁNDEZ SALGADO, Benigno - CASÁS AGUÍN, Zaixega - FERNÁNDEZ SALGADO, Antonio - GONZÁLEZ ALONSO, Cristina.

15,00 €

 

Regalar este libro

Enc. en tapa dura de la editorial. 1.308 pp.+1 h. Edit. Galaxia. Vigo, 2004.

 

O Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega inclúe 91 cadros nos que se sintetiza importante información gramatical e que facilitan unha consulta rápida. É o primeiro dicionario galego que ofrece exemplos reais da linguaxe xornalística, literaria e académica dos últimos vinte anos. Este dicionario parte dunha concepción novidosa respecto doutros dicionarios xa existentes, a súa base é a lingua real e as súas indicacións oriéntanse cara á utilidade práctica de todos os que empreguen o galego en calquera ámbito, falado e escrito. Nas súas entradas ofrece solucións razoadas e contrastadas coa norma académica, cunha explicación práctica da lingua e do seu léxico. O dicionario fornece etimoloxías, sinónimos e palabras afíns, e equivalentes noutras linguas cando é pertinente. Ofrece, por primeira vez na lexicografía galega, exemplos reais de uso da linguaxe xornalística, literaria e académica. Permite orientarse sobre o uso estándar e correcto da lingua e aclara dificultades sobre o uso de neoloxismos, estranxeirismos e impropiedades léxicas. É util para solucionar dúbidas sobre a gramática e a ortografía. Resolve dificultades de pronunciación e dá información sobre cuestións de estilo (puntuación, maiúsculas, siglas, abreviaturas...). Debido a que todas as linguas mudan e é preciso conservar o seu patrimonio e entender os seus cambios e novidades, este dicionario incorpora as últimas modificacións, tanto das Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego coma do Vocabulario ortográfico da lingua galega. O dicionario Galaxia de usos e dificultades axuda á corrección e bo uso da lingua e facilítalles tamén aos usuarios unha consulta rápida e fiable, ao que contribúen os máis de noventa cadros gramaticais situados a carón da entrada correspondente.

Atención al cliente:
684636505

 

 

Ver más noticias

© 2010 Lamardelibros.com Todos los derechos reservados

Política de privacidad

Avda. Valentín Masip, 24 - Entresuelo. Oficina B · 33013 Oviedo. Asturias · Tfno: 684636505 - 633601889 · info@lamardelibros.com