a cualquier parte de España pagando por Paypal o Tarjeta de crédito para compras iguales o superiores a 49,95 euros.

Usted está en: HISTORIA DA COSTA GALEGA E OS SEUS NAUFRAXIOS. Século XX.

 

HISTORIA DA COSTA GALEGA E OS SEUS NAUFRAXIOS. Século XX.

 

HISTORIA DA COSTA GALEGA E OS SEUS NAUFRAXIOS. Século XX. PATRICIO CORTIZO, Fernando.

30,00 €

 

Regalar este libro

Enc. en tapa blanda de la editorial con solapas. 547 pp. Muy ilustrado con fotografías. Edicions Xerais. Vigo, 2004.

 

Historia da costa galega e os seus naufraxios (século XX)\ , de Fernando Patricio Cortizo, é o resultado dunha longa investigación en torno ás páxinas máis dramáticas, escuras e lendarias que o mar galego escribiu sobre as embarcacións que o surcaban e ás que fixo naufragar nas nosas costas. A partir dunha valiosa información recuperada de arquivos e da memoria das xentes, Fernando Patricio reconstrúe minuciosamente, ano tras ano, esa crónica dramática, épica e lendaria, que, non o esquezamos, en moitos casos foi sinónimo de traxedia e de morte. Cunha importante documentación gráfica e unha pormenorizada información, \ Historia da costa galega e os seus naufraxios (século XX)\ recupera para a nosa memoria a traxedia de todos e cada un dos buques que naufragaron na costa galega, desde o Serpent ao Prestige, pasando pola negra estirpe do Polycommander, Urquiola, Andros Patria, Casón, Aegean Sea, etc., sen esquecer determinados contextos históricos fundamentais como o desenvolvemento da industria conserveira e a expansión do sector naval en Vigo, a consignación migratoria en Galicia, os acontecementos militares das dúas guerras mundiais, a Guerra Civil, os apresamentos, os temporais e furacáns, a mítica memoria da Costa da Morte e do seu fotógrafo Ramón Caamaño, as illas, os faros, así como a reprodución das cartas mariñas cos naufraxios rexistrados en Galicia ata o século XX.

Atención al cliente:
684636505

 

 

Ver más noticias

© 2010 Lamardelibros.com Todos los derechos reservados

Política de privacidad

Barrio Río 2 - Piñeira · 27710 Ribadeo. Lugo · Tfno: 684636505 · info@lamardelibros.com